No encontro estiveron presentes tanto o arquitecto redactor como o do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. O proxecto presentado cumpre cos requisitos esixidos pola Xunta de Galicia e Lomba asume que a subvención da administración autonómica será de 10.000 euros por praza, facendo un total de 410.000 euros, que corresponde a tres unidades e que obrigará ao Concello da Guarda a asumir o custo restante ata a contía total da obra, cuxo orzamento supera os 750.000 euros.
O Xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar quedou comprometido co alcalde a elaborar a documentación necesaria para manter unha xuntanza definitiva no mes de setembro coa Conselleira de Política Social, Fabiola García, para que se poida pechar definitivamente o compromiso de financiamento da escola infantil.
O segundo paso será incluír a obra nos orzamentos autonómicos e redactar e asinar co concello o correspondente convenio. Hai que recordar que o Concello da Guarda ten un ratio de escolas infantil moi baixo, que nos últimos anos oscila entre o 17% e o 20%, cando o compromiso da Xunta e que o ratio en Galicia sexa como mínimo o que recomenda a Unión Europea, un 35%.