O Trail do Trega, que terá lugar na Guarda o día 11 de outubro, abriu as súas inscricións na web traildotrega.com e tamén para a ruta de sendeirismo.
Os organizadores xa adoptaron todas as medidas de seguridade para os deportistas. Así, se estableceu que as inscricións non poden superar as 300 persoas. As saídas tomaranse por quendas. Ademais, a cada participante se lle tomará a temperatura.
Serán 14 quilómetros de percorrido, cun desnivel de 800 metros. Esas son as dificultades que se deben de superar. Cada un ao seu ritmo. O aspecto deportivo é importante, pero tamén o turístico. A ruta na que se realiza este acontecemento deportivo é espectacular, unha das mellores vistas que se poden ofertar en Galicia e tamén no resto de España.
Ademais da proba atlética, tamén se levará a cabo unha ruta de sendeirismo de 10 quilómetros de largo. Unha actividade menos esixente para aqueles que desexen desfrutar a un ritmo máis lento da aventura.