O vento dificultou este luns os traballos dos mergulladores do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil no mar e polo aire o «Pesca 1» tamén participou dende primeira hora da tarde no dispositivo que suspendeuse a última hora pola falta de luz. Os equipos de busca reanudarán este martes as tarefas.
En terra, entre tanto, numerosos efectivos de Protección Civil e do GES da localidade seguen rastrexando a zona de Punta Bazar, lugar no que o home caeu ao mar cando estaba collendo percebes cun amigo. Polo de agora non se atoparon novos indicios sobre o seu paradoiro, logo de que esta mañá se localizase unha das zapatillas que levaba postas no momento da súa desaparición.