Despois do acendido do alumeado de Nadal o pasado venres día 3 de decembro, a programación continúa este venres día 10 de decembro co Obradoiro “Reutilizando Envases” na Casa dos Alonso ás 18:30h. Os obradoiros teñen prazas limitadas e as persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986610000 ext. 7.
Tamén na xornada do venres 10 de decembro ás 21:00h o Centro Cultural acolle a peza de teatro musical “O Candil” da Escola Galega de Teatro Musical, baixo a dirección de Sara Fandiño.
O Candil, é unha comedia musical interactiva, con música en directo. Como recreación do pasado xénero ínfimo, comunmente espectáculo de cuplé, centra a súa historia na crítica da moralidade presente (1919). O conflito moral, político, ideolóxico e relixioso condiciona a vida das tres mulleres protagonistas, que teñen pensamentos moi distintos e tratan de buscar un lugar puro e cordial que ocupar no mundo, cómpre dicir que sen ningún éxito. A temática central é así, a busca do propio ser ante os momentos de confusión e cambio da mentalidade global.
AXENDA DE NADAL
VENRES 10 DE DECEMBRO
- 18:30h Casa dos Alonso: Obradoiro “Reutilizando Envases” (Inscrición previa en Omix)
- 21:00h Centro Cultural: Teatro Musical «O Candil”. Reserva de entradas en eventbrite.es
XOVES 16 DE DECEMBRO
- 20:30h Centro Cultural: Concerto do Conservatorio
VENRES 17 DE DECEMBRO
- 18:30h Casa dos Alonso: Obradoiro “Reutilizando Abelorios” (Inscrición previa en Omix)
SÁBADO 18 DE DECEMBRO
- 12:00h Praza Avelino Vicente: Cantos de Nadal coas pandereteiras Coiro Vello, Carainas, Paliqueiras e do Lusco ó Fusco
- 18:30h Casa dos Alonso: Presentación do Libro “Palabras como corpus prata”, de Joaquín Cadilla. Acceso libre ata completar aforo
DOMINGO 19 DE DECEMBRO
- 17:30h Igrexa Parroquial: Concerto de panxoliñas coa participación de Coral Polifónica de A Guarda, Coral da Terceira Idade, Grupo Antorcha e Coro Cantabile. Organiza: Agrupación Polifónica da Guarda
MARTES 21 DE DECEMBRO
- 18:00h Praza do Reló: Concerto de Nadal de Vento e Coro dos Alumnos do Conservatorio.
- Elfos de Nadal polas rúas da Guarda. Do 22 ao 24 de decembro (Horario: 22 e 23 de 17:00h a 20:00h. 24, de 11:30h A 14:30h).
XOVES 23 DE DECEMBRO
- De 16:00h a 19:00h Praza de Avelino Vicente: “Gadalka” a cargo do Mago Dani. Espectáculo de maxia individualizada por familias
MARTES 28 DE DECEMBRO
- 18:00h Centro Cultural: “Little neno descobre a… Os Beatles”, de A Reixa Produccións. Reserva de entradas en eventbrite.es
MÉRCORES 29 DE DECEMBRO
- 20:30h Centro Cultural: “Ventos de Nadal”, grupos seccionais da Agrupación Musical da Guarda
XOVES 30 DE DECEMBRO
- 18:00h Centro Cultural: Titiricircus, con Tanxarina Títeres. Reserva de entradas en eventbrite.es
DO 3 AO 5 DE XANEIRO
- Carteiros do Nadal polas rúas da Guarda: Horario: 3 e 4 de 17:00h a 20:00h. 5, de 11:30h. A 14:30h.
MARTES 4 DE XANEIRO
- 17:30h Alameda: Circo Ranovarak, con Troula Animación. Espectáculo de rúa con animais xigantes
MÉRCORES 5 DE XANEIRO
- Visita dos Reis Magos con paseo polas principais rúas da localidade.