A Guarda dispón desde este luns dunha moto acuática con remolque que permitirá aos servizos de emerxencias reforzar o seu equipamento de rescate. Trátase de embarcacións de gran efectividade para rescates en zonas de pouco calado, con ondas ou fortes correntes e áreas con fondos rochosos, ten una eslora de 3.75 metros, capacidade para tres persoas, un motor de 1800cc e 180cv e ademáis ven equipada con dous traxes de neopreno, gadiola de rescate, cascos e remolque.
Segundo Anxo Baz, este novo equipamento de rescate ven a mellorar a calidade e resposta da seguridade na zona transfronteiriza do Río Miño e do mar na Guarda, cun tempo de resposta moito menor, que repercutirá positivamente en situacións de risco ou emerxencias.