«Se ben o ano pasado abrir as piscinas supuña un risco extremo dada a situación pandémica, este ano
tampouco parece viable unha apertura en base as restricións impostas dende o Ministerio de
Sanidade». Os concellos de Tui, Salvaterra, Mondariz e Salvaterra non abrirán este verán as súas pisinas municipais.
Así o decidiron tras unha nova reunión na que quedou patente a imposibilidade de cumplir todas as medidas anticovid que serán necesarias. «Hai obrigatoriedade de establecer turnos de uso con reserva de cita previa, limpeza e desinfección despois de cada uso, co peche temporal que conlevan estas tarefas, a reducción do espazo nas zonas de estadía das piscinas», sinalan nun comunicado.
Ademais, a normativa establece unha ocupación aforo do 50% mantendo as distancia de seguridade, nos vesarios e zonas de ducha unha ocupación máxima do 30%. «É por iso que tras valorar a situación e analizar dedamente as connxencias propias dunha apertura segura para todos e todas, vemos que o cumprimento das restricións choca frontalmente coa finalidade que teñen este po de instalacións», aseguran.
Polo tanto, os catro concellos chegaron á «difícil decisión conxunta de non abrir as piscinas tampouco en 2021, desexando que a evolución da covid sexa favorable e faga máis flexibles as restricións para poder garanr deste xeito unha apertura segura e que cumpra coas expectavas dos veciños e veciñas». Os concellos afirman que aproveitarán para facer as melloras oportunas nas súas respecvas piscinas cara unha nova apertura.