Esta semana comezaron as obras de mellora da seguridade viaria na estrada PO-552, entre Tomiño e Tui que contan cun prazo de execución de 12 meses y un investimento de 548.000 euros.
A intervención está enmarcada na estratexia da Consellería de Infraestruturas para eliminar os tramos de concentración de accidentes nas vías autonómicas. En concreto, esta actuación contempla a glorieta na intersección da PO-552 coa estrada PO-344, en Tomiño; a mellora da intersección do punto quilométrico 69+150; e a construción doutra rotonda na intersección coa estrada PO-350, no Concello de Tui.
Estas medidas compleméntanse coa reordenación dos pasos de peóns, adaptándoos á nova configuración das interseccións. Reforzarase a iluminación específica para estes pasos, con sistemas detección de peóns que mellorarán a percepción do peón por parte dos condutores.
Tamén se construirán beirarrúas no perímetro das glorietas executadas e se reubicarán as paradas de autobús, dotándoas ademais de novas marquesiñas.