A Policía Local de Tui informou este venrs de que xa remitiu á Subdelegación do Goberno unha denuncia contra unha entidade bancaria situada na rúa Colón polas colas que se forma no exterior ao ter só dous días de apertura ao público.
«Dende hai varias semanas axentes da Policía Local teñen observado na entrada da sucursal dunha entidade bancaria situada na rúa Colón, colas dos clientes á espera de realizar xestións nesa entidade bancaria que só abre o público dous días a semana», sinala o comunicado remitido polo Concello de Tui.
Explian tamén que tendo en conta o actual estado de alarma no que nos atopamos, ao entender da policía “os clientes quedan expostos no exterior, non podendo estar confinados nos seus fogares”.
Indican ademais desde a Policía Local de Tui que coa a apertura a diario da oficina, ou da outra sucursal que a mesma entidade ten na cidade, permitiría axilizar a atención ao público e deste xeito evitar as colas e esperas dos clientes no exterior, esperas que poden prolongarse ata dúas horas.
Por este motivo puxeron estes feitos, en coñecemento da dirección da sucursal «sen que polo momento se apreciara ningún cambio no horario da oficina bancaria nin tampouco a apertura da outra existente».