Tamén comezan as proxección de cinema infantil na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica con En Un Tris Tras. Os cativos poderán disfrutar con “Rock Dog: el poder la música”. Por outra parte a Coral Polifónica Ponte das Febres actuará de 16:00 a 17:00 no Centro de Día Amoralia, levando a música aos usuarios deste centro.
A programación de este luns péchase co inicio da X Semana de Teatro Amador no Teatro Municipal de Tui. O grupo de teatro Mesturanzas da Asociación Cultural Seixos Albos de Areas estreará, ás 21:00, a obra “Os pintores non teñen recordos” de Darío Fo. Baixo a dirección de Tomás Alonso Pardo un elenco de nove actores afeccionados darán vida a esta comedia na que ao dono dun hotel de mala morte lle toca a lotería, pero a súa muller fai o inimaxinable para non ter que compartilo con el. As entradas poranse á venda ás 20.30:00 ao prezo de 1,5€, sen numerar.
Programación Festas de San Telmo – Luns, 2 de abril
11:00-13:00: No edificio da Área Panorámica, porta 12, actividades infantís – “Teatro reciclado” con Chirlomirlo. *Entrada libre ata completar capacidade.
16:00: Na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica, porta 10, cinema infantil “Rock Dog: el poder de la música” con En Un Tris Tras – 80 min. ?*Entrada libre ata completar capacidade.?
16:00-17:00: No Centro de Día Amoralia actuación da Coral Polifónica Ponte das Febres.?
21:00: No Teatro Municipal X Semana de Teatro Afeccionado San Telmo. O grupo de Teatro Mesturanzas da A.C. Seixos Albos de Areas estrea “Os pintores non teñen recordos” – 90 min. Entrada 1,5 €.?