El Eco del Miño, de Tui, publica o seguinte telegrama, dirixido ao concello daquela cidade: ”A xunta consultiva aprobou onte -referíndose ao día 25- paso Miño e ponte. En hora boa. Seguiremos traballando. Paxe”.
Cremos que este paxe, convertido en bo heraldo, sería un xestor político de Tui destacado na Corte. A boa nova foi acollida con grande satisfación en Vigo. “É dicir, que á fin, a comunicación internacional do noso ferrocarril polo Miño será un feito; con isto o porto de Vigo recibirá unha nova e grandiosa vida da que vai participar en grande escala o Estado. – É dicir, aínda que sexa cruzando a Portugal, en tanto que non empalman as liñas férreas de Galicia coas de León en Brañuelas, se a ponte que se constrúe axiña, iremos directamente en ferrocarril desde Vigo á Corte.- Coa ponte internacional do Miño a navegación do reino lusitano mellorará en condicións que hoxe non pode obter durante a estación do inverno. -Estamos, xa que logo, como di o colega tudense, de en hora boa. Estao o país en xeral”.(Faro de Vigo).
29 de novembro de 1879. Xosé María Álvarez Blázquez. «A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo» (Xerais, 2008)