A empresa contratada polo Concello de Tui leva dende o pasado venres 22 realizando o desamiantado da zona afectada pola explosión comezando pola área máis lonxana e dende hoxe actuando xa na zona cero. Até o momento téñense recollido 24 toneladas de amianto que están ensacados e encapsulados.
Ademais da retirada da uralita e doutros materiais contaminantes, tamén se está a proceder á eliminación da carga entullos de cubertas derruídas sobre forxados, e a demolición daquelas estruturas que corren risco de desplome.