Este martes, 16 de abril, comezan as obras reconstrución da ponte sobre o regato Fonte do Febreiro, en Paramos, que se vira afectada polas intensas choivas de xaneiro de 2023.
Debido ao comezo das obras, a ponte estará cortada completamente. Dende hai un ano está cortado o tráfico rodado e a partir deste martes tamén o estará o tránsito peonil.
As obras foron adxudicadas á empresa Servicios Medioambientales del Miño S.L. por un importe de 48.188, 24 euros, financiado ao abeiro das subvencións para a reparación dos danos causados polas inundacións sucedidas nos concellos da provincia de Pontevedra da Deputación de Pontevedra. O prazo de execución estímase nun mes.
Esta ponte sobre o regato Fonte do Febreiro está situada en plena senda PRG-19 entre Tui e Caldelas, polo que as persoas que durante as próximas semana camiñen pola senda, neste punto deberán empregar rutas alternativas para continuar.
Por outra parte vén de ser adxudicada á empresa Covsa a obra de construcción da nova ponte sobre o río Cotarel que une as parroquias de Randufe e Pazos de Reis.