O son das bandas de música pechará este venres, 23 de agosto, ás 21:00 h na praza de San Fernando a programación “Tui, verán na rúa” coa celebración do XXIX Festival de Bandas de Música.
Este evento, clásico no verán tudense, estará protagonizado pola Asociación Musical Julián Santos de Jumilla de Murcia e pola Banda de Música Popular de Tui, que ofrecerán un variado repertorio que irá dende a música tradicional, onde non faltarán os pasodobres, até composicións máis contemporáneas, con sonoraidades galegas, españolas e portuguesas.
Abrirá o festival Asociación Musical Julián Santos de Jumilla baixo a dirección de Salvador Pérez Sánchez para interpretar “Tierra” de Santiago Quinto Serna, “Rapsodia Gallega” de Julián Santos, “Lusitanidades” de Carlos Marqués, “Hispania” de Óscar Navarro e “Canto a Murcia” de Francisco Alonso.
A Asociación Musical Julián Santos de Jumilla fundouse en 1989 e conta na actualidade con máis dun centenar de integrantes. Ten realizado numerosas actuacións en toda a rexión de Murcia, pero tamén en España e no estranxeiro destacando a súa participación no “6th International Carlsbad Wind Music Festival” en Karlovy Vary na República Checa. No seu haber ten entre outros, o Primeiro Premio do XII Certamen Nacional de Bandas de Música de Murcia. Teñen dous traballos discográficos “V Aniversario”, e “25 Años de Música”.
A Banda de Música Popular de Tui, dirixida por Eloy Carrera, interpretará “Bagaxes” de Carlos Rodríguez, “Satierf Odracir” de Nuno Osorio e “Suite Galaica” de Antón Alcalde Rodríguez. A banda tudense comezou a súa andadura a finais do século XIX, suspendendo a súa actividade até en dúas ocasións ao longo do século XX, para retomala xa de xeito estable no anos 80. Son numerosos os concertos que ten ofrecido en Galicia, Portugal, Arxentina, e noutros puntos de España. Este verán participou no Certame Nacional da Bandas de Música en Málaga e o ao pasado foi a banda convidada no festival de bandas de música de Jumilla. A súa presenza é habitual en festas e romarías en Tui e toda a contorna a semana pasada participaron nas festas da Virxe do Camiño e de San Roque, e esta próxima fin de semana estarán nas festas de San Bartolomeu e da Virxe da Rocha en Caldelas.
Programa
Asociación Musical Julián Santos de Jumilla (Murcia)
Director: Salvador Pérez Sánchez
- Tierra – pasodoble Santiago Quinto Serna
- Rapsodia Gallega – rapsodia Julián Santos
- Lusitanidades Carlos Marqués
- Hispania – fantasía Óscar Navarro
- Canto a Murcia – La Parranda Francisco Alonso
Banda de Música Popular de Tui
Director: Eloy Carrera Bernárdez
- Bagaxes – pasodoble Carlos Rodríguez
- Satierf Odracir Nuno Osorio
- Suite Galaica Antón Alcalde Rodríguez
Descenso do Miño e Xuntanza Cabalar
Este sábado a cita será doble na localidade, co Descenso Internacional do río Miño entre Salvaterra e Tui e a Xuntanza Cabalar de San Bartolomeu, na que se espera a asistencia de miles de persoas.
A de San Bartolomeu trátase da segunda das dúas xuntanzas que anualmente se celebran na cidade xunto á de San Telmo. Esta é unha cita secular que conta con gran tradición e que nos últimos anos ten dado un gran a nivel cualitativo e cuantitativo que a sitúa entre as máis relevantes e importantes das que se celebran en Galicia.
O programa comezará, no recinto da rúa Loureiro, ás 8:00 horas coa actividade de compra-venda de gando. Establécense premios aos tratante con máis Cabeza, con máis Burros, con máis Cabalos e con máis Ponis.
A partir das 10:30 celebrarase a xincana infantil, unha proposta que busca atraer ao público máis novo. Logo haberá tamén xincana de adultos. Todas aquelas persoas que acudan á Xuntanza a cabalo e que circulen pola pista de presentación a partir das 11:00 h poderán optar aos premios especiais, que se entregarán ás 13:00 horas, á Mellor Presentación, aos Xinetes, Amazonas, Cabalos, Ponis, Carrozas, Burros, Mulas, así coma ao Xinete máis novo e á Amazona máis nova.
Ás 14:00 horas o público poderá disfrutar co espectáculo ecuestre “Aires de Romero” con Miguel Romero, Andrea Alonso e Inés Cobián. Tras o xantar, ás 17:00 horas, haberá demostracións de enganche de troncos, limoneras, ponis, e tamén infantil. Nesta proba contarase co participación do campión de España de enganche.
O programa da Concentración Cabalar de San Bartolomeu pecharase, ás 20:00 horas, co espectáculo ecuestres de Alberto Borjas cos seus cabalos españois da Eguada Lantarón.
Ao longo do día haberá poni club no que os nenos e nenas se poderán realizar o seu bautismo hípico. No recinto non faltarán postos de artigos de equitación, así como postos gastronómicos.
O concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, salienta o traballo que se leva realizando nos últimos anos para situar ás concentracións cabalares de Tui, San Telmo e San Bartolomeu, entre as máis destacadas de Galicia. Convida Rafael Estévez a acudir este sábado a Tui e gozar do amplo programa previsto ao longo da xornada.
Xuntanza Cabalar San Bartolomeu. Programa:
- 08:00: Apertura da feira, coa compra e venda de gando cabalar.
- 10:30: Xincana paralela para nenos e nenas.
- 11:30: Xincana paralela para adultos.
Premios:
- 1º: Cheque regalo de 100 €, trofeo, cabezada e chuches.
- 2º: Cheque regalo de 40 €, trofeo, cabezada e chuches.
- 3º: Cheque regalo de 20 €, trofeo, cabezada e chuches.
- 13:00: Entrega de premios especiais.
- 14:00: Espectáculo ecuestre a cargo de Aires de Romero.
- 17:00: Enganche: troncos, limoneras, ponis, nenos.
- 20:00: Espectáculo de clausura con Alberto Borjas cos seus cabalos españois da Eguada Lantaron.
- 22:30: Verbena coa Orquestra Compostela.
Premios Especiais:
- Á Mellor Presentación.
- Xinetes, Amazonas, Cabalos, Ponis, Carrozas, Burros, Mulas.
- Xinete máis novo, Amazona máis nova.
Premio Tratante:
- Con máis Cabezas.
- Con máis Burros.
- Con máis Cabalos.
- Con máis Ponis.
Nota: Todos os premios especiais entregaranse entre as 11:00 e as 13:00. Para recibir o premio, será necesario circular pola pista de presentación co animal correspondente. Durante toda a feira, os asistentes poderán gozar do Poni Club (Bautismo Hípico para nenos) de balde.