O rexedor ordenou neste documento realizar unha visita de inspección urbanística a instalación de pirotecnia situada no barrio da Igrexa en Baldráns coa intención de adoptar as medida precisas que garantan o cesamento e suspensión total da actividade que alí se puidera realizar.
Así, procederase á súa inspección os días 10 e 11 a partir das 09.00 horas. Esta decisión comunicarase aos propietarios da instalación, á Garda Civil, á subdelegación de Goberno e aos técnicos municipais: secretaria, arquitecto municipal, técnico de administración xeral do departamento de urbanismo e enxeñeiro técnico coordinador do departamento de obras.
Ao mesmo tempo, o alcalde ordenou comunicar ao arquitecto redactor do proxecto de demolición, Rodrigo García Barros, as deficiencias detectadas nese proxecto para a súa modificación recollidas nun informe emitido polo arquitecto municipal. Do mesmo xeito, ordena tamén a Policía Local que efectúe o precintado completo das edificacións, instalacións e perímetro exterior da finca da pirotecnia.