A XXXV Carreira Popular de Randufe marca este domingo, 25 de agosto, o inicio da XXXVI Semana Cultural, que contará con una variada oferta de actos culturais.
A carreira popular comeza este domingo ás 10:00 horas e conta cunha ducia de categorías para que poidan participar deportistas de tódalas idades, entre os 2 e os 99 anos. Organizada pola Comunidade de Montes de Randufe, a proba principal conta cun percorrido de oito kilómetros.
Tralo pistoletazo de saída da Carreira Popular, os actos culturais da XXXVI edición da Semana Cultural terán lugar no Adro da Igrexa da Guía, entre o 25 de agosto e o 7 de setembro.
O venres 30 de agosto será o turno da música co grupo Toke de queda e o sábado haberá inchables e unha xuntanza folclórica cos grupos Os Moleirihos do Gadanha do Monçao, Sopetrán de Almoharín de Cáceres e o Grupo folclórico de Xuntanza.
O domingo, o deporte toma de novo o protagonismo coa Marcha Ciclista e, pola noite, actuará o grupo de praybacks Xuntanza de Randufe.
Ata o domingo 8 de setembro proseguirán as actuacións, que inclúen ademáis humor, música de diversos estilos e sorteos.