Para a realización da planimetría do proxecto a empresa contratada utilizou una tecnoloxía punteira empregando drons que van tomando referencias desde o aire e marcando con puntos sobre o plano cada unha das edificacións, muros, e volumes de todo tipo para crear unha nube de puntos que máis tarde se poden visualizar en tres dimensións.
Os traballo previos a este proxecto consistiron na retirada de materiais proxectados pola explosión, repartidos nunha área de 60.000 metros cadrados, unha vez rematada esa retirada a denominada zona cero quedou acotada cunha superficie final de 25.000 metros, unha redución considerable que permitiu centrar o proxecto de desentullo de xeito importante.
As vivendas que terán que ser reconstruídas son un total de 31, quedando 24 edificacións dentro do novo perímetro e 7 fora del. Desas edificacións o redor de dez terán que ser construídas de novo e o resto poderán ser reconstruídas en parte ou totalmente. Indicaba o xerente urbanístico Rubén Vázquez , que no caso de algunhas parcelas, chegouse a un acordo entre propietarios para unilas e redistribuír a superficie das mesmas co fin de facilitar a reconstrución.
O próximo luns este proxecto de desentullo será entregado na Subdelegación do Goberno, e a partir dese momento será o Goberno central o responsable de executalo.