O prazo de execución que ten a empresa adxudicataria, Demoliciones e Desamiantados Galicia S.L., é de dous meses a partir da data do inicio, polo que os labores deberán estar rematados a principios de marzo.
Deste xeito, os veciños afectados pola explosión da pirotecnia verán cumprido unha das súas principais demandas: o comezo das obras de recuperación do barrio para as que este desentullo é imprescindible.
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, mostrou a súa satisfacción polo inicio destes traballos. Ao mesmo tempo sostivo que agora haberá que dar pasos para comprometer ó Goberno central no financiamento.