O Concello de Tui, a Policía Nacional, e os Servizos de Emerxencias recibiron este mércores unha doazón de 3.500 luvas de nitrilo realizada polo futbolista Jota Peleteiro, do Aston Villa, e do seu colaborador, o tudense Miguel Hermida.
Mercaron todo o stock de luvas tiña a empresa local Recambios Rager para doar este material aos forzos e corpos de seguridade do Estado presentes en Tui así coma ao Concello de Tui que os empregará tanto na Policía Local, Protección Civil, e outro persoal municipal.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, acudieron á entrega que tivo lugar na praza da Inmaculada, xunto a representantes da Policía Nacional, Policía Local, Protección Civil e Centro de Saúde.
Dende o Concello de Tui agradécese este xesto solidario realizado polo xogador J. Peleteiro e o tudense Miguel Hermida, nas circunstancias que estamos a vivir.