As imaxes -xunto co modelo de inscrición que está dispoñible na web tui.gal- deben ser remitidas ao correo electrónico comunicacion@tui.gal, cubrindo os datos: nome e apelidos do autor, lugar de residencia, data na que foi tomada a instantánea, teléfono e correo electrónico, ademais da autorización para publicar a foto nas redes sociais do Concello, así como noutros medios de comunicación en caso de resultar gañadora, e a autorización expresa de publicación se aparecen menores na mesma.
As imaxes poderán enviarse ata o 30 de setembro. O xurado, nomeado polo Concello, dará a coñecer o seu fallo o venres 4 de outubro. A persoa gañadora recibirá unha figura decorativa réplica do pórtico da catedral de Tui.
Con este concurso trátase de premiar a creatividade dos visitantes á cidade e ao mesmo tempo promocionar a imaxe turística de Tui, que ten desde o punto onde esta situado este marco un perfil moi recoñecible coa catedral de fondo.