A organización do Campus conta coa colaboración e asesoramento de Moncho López, ex seleccionador de España, Portugal e Angola, na actualidade é adestrador do FC Porto. «Nesta edición volveremos contar con un staff técnico de auténtico luxo, ademais contaremos coa presenza de adestradores de primeiro nivel, así como tamén recibiremos a visita de varios xogadores ACB que departirán as súas experiencias deportivas cos participantes do Campus», apuntan os organizadores.
O Campus está enfocado para xogadores de baloncesto nacidos entre os anos 1997 e 2004, que buscan unha mellora física e técnica, ao tempo que comparten experiencias e adestramentos con outros xogadores xa profesionais.
Polo Campus teñen pasado xogadores que xa debutaron nas ligas ACB, LEB Ouro, LEB Prata, EBA, Liga portuguesa e na NCAA americana. Xogadores que fan que este Campus de baloncesto de Tui sexa un referente nacional e internacional.
As inscricións para esta edición 2016 xa están abertas e poden facerse online na seguinte páxina www.campusjoearlauckastui.com, onde ademáis atoparán toda a información que precisan sobre o Campus.