A tenor da documentación presentada pola administración local, o maxistrado toma esta decisión, poñendo fin de este xeito a un longo contencioso que comezou no 2013. Este auto, contra o que cabe presentar recurso de apelación, recolle tamén o remate e arquivo de esta peza que ordenaba a execución da sentenza
No mesmo auto considera que o Concello de Tui debe aboar as costas xeradas pola peza do de execución forzosa derivadas deste proceso. Con todo, o consistorio iniciará agora o procedemento administrativo para recuperar o gastado na execución da sentenza.