O Festival de Cinema Play-Doc, que arrinca mañá e ata o domingo 27 de setembro na cidade de Tui, abre o pano cunha xornada inaugural na que lle acompañarán parte dos patrocinadores institucionais, o Alcalde do Concello de Tui, Enrique Cabaleiro, en representación da Xunta de Galicia o Director do AGADIC, Jacobo Sutil, a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e por parte de Play-Doc Sara García e Ángel Sánchez, directores do festival, todos eles estarán acompañados pola Concelleira de Cultura do Concello de Tui, Sonsoles Vicente e pola Deputada Provincial da Deputación de Pontevedra, Iria Lamas.
Tras a presentación terá lugar un espectáculo audiovisual a cargo da prometedora artista multidisciplinar Laura LaMontagne. Unha mestura sonora de tradición lírica galego-portuguesa con poesías de Rosalía de Castro ou Fernando Pessoa, combinada con elegantes ritmos electrónicos e videocreaciones de vangarda.
Acto seguido arrincarán as proxeccións e a película que abrirá esta edición será A media voz, dirixida por Heidi Hassan e Patricia Pérez e producida por Matriuska Producións. A Media Voz, chega a Tui tras obter a Biznaga de Prata á mellor dirección da Sección de Documentais na pasada edición do Festival de Cinema de Málaga e o premio ao mellor documental na pasada edición do IDFA, un dos festivais de documentais máis prestixioso de Europa. Nela as directoras exploran o desafío e o desarraigamento que provoca a emigración. Un emocionante documental auto-etnográfico sobre a nostalxia, a amizade, as raíces e o exilio, que reflicte o desasosego de toda unha xeración. A proxección será ás 22.30h no Teatro Municipal e contará coa presenza da súa directora Patricia Pérez e o seu produtor Dani Froiz. As entradas anticipadas poden adquirirse nesta ligazón.