O Paseo da Corredoira acollerá este venres, 17 de decembro (19:00 horas) a estrea de “Un Conto de Nadal. 100 anos de verbena galega” da man de La Oca Band e unha serie de artistas convidados. Este evento forma parte da programación cultural “Tui, o Camiño do Nadal” que organiza o Concello de Tui.
Ao longo de dúas horas actuará La Oca Band xunto a artistas convidados como a tudense Noelia Solleiro; Lito Garrido de Panorama; David Balboa excompoñente de Paris de Noia; Carlos Mariano de Suavecito; Marta Valiño excompoñente de Olympus, Ángel América, e Ruth Núñez finalista do programa da Tvg A Liga dos Extraordinarios. Pero tamén colaborarán no tema central do espectáculo con grupos folclóricos de Tui e noutro tema cun coro de 25 alumnos e alumnas do Conservatorio Profesional de Música de Tui.
A gala será retransmitida en directo por YouTube polo que poderá seguirse dende calquera punto con acceso a internet.