O programa comeza na rúa Loureiro no barrio de San Bartolomeu coa Feira Cabalar de San Telmo na que participarán centos de persoas. Dende primeira hora da xornada comezará a actividade de compra venda de gando, e ao longo do mañá haberá actividades coma Poni Club, exhibición de saltos, xincana de velocidade, habilidade e manexo do cabalo.
Ademais, a Asociación Pura Raza Cabalo Galego realizará unha presentación das características morfolóxicas e os usos e funcionalidade do Cabalo de Pura Raza Galega, e a Sección de Doma Alta Escola de Galicia realizará unha serie de exercicios en alta escola e unha exhibición de monta antiga á amazona.
As rúas de Tui contarán nunha nova xornada coa amenización musical a cargo da charanga Cantos Somos. Ás 18.00 horas na praza de San Fernando a Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín ofrecerá un concerto, que será cancelado en caso de que chova.
O salón de actos do Seminario Menor, no Paseo da Corredoira, acollerá a esa mesa hora a charla-coloquio ‘Celta. Presente e futuro’ coa participación dos xogadores Maxi Gómez e Stanislav Lobotka e do director deportivo, Felipe Miñambres.
Igualmente, ás 19.00 horas entrará no centro urbano a Banda de Guerra e Guión da Brilat e a continuación, na Praza de San Telmo realizará a homenaxe aos confrades de San Telmo falecidos.
A Orquestra Panorama amenizará a verbena na rúa Compostela co seu espectáculo ‘Deluxe Tour 2018’
Actos relixiosos
No eido relixioso, ás 11.00 horas na Catedral celebrarase a misa na honra á San Telmo con posterior procesión. O acto máis destacado ten lugar ás 21.00 horas coa solemne procesión na que participan as imaxes dos santos e virxes venerados nas distintas parroquias tudenses, xunto a unha nutrida representación de autoridades civís, militares e relixiosas.
Participan tamén a Banda de Música Popular de Tui, a Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín, a Brilat, e este ano coma novidade a Banda de Gaitas San Xoán de Paramos. Coma fin de festa haberá unha tirada de fogos de luces.
Programación Festas de San Telmo – Luns, 9 de abril (festivo Local)
– 9.00 h En San Bartolomeu Feira Cabalar de San Telmo. Actividades todo o día.
– 10.30h Poni Club (2 ponis para que os nenos poidan montar a cabalo)
– 11.00h Na Catedral misa na honra a San Telmo e procesión pola Coronilla.
– 11.30h Exhibición de saltos
– 12.00-14.00h Polas rúas de Tui actuación da Charanga “Cantos Somos”.
– 12.15h Xincana de velocidade, habilidade e manexo do cabalo
– 12.30h A Sección de Doma Alta Escola de Galicia realizará unha serie de exercicios en alta escola e unha exhibición de monta antiga á amazona
– 18.00h Na Praza de San Fernando concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín.*En caso de choiva cancelarase.
– 18.00h No salón de actos do Seminario Menor no Paseo da Corredoira charla coloquio «Celta. Presente e futuro» coa participación de Maxi Gómez e Stanislav Lobotka, xogadores do R.C. Celta – Felipe Miñambres, director deportivo.
– 19.00h Dende Praza Galicia, entrada da Banda de Guerra e Guión da BRILAT e a continuación, na Praza de San Telmo homenaxe aos confrades de San Telmo falecidos.
– 20.00-21.00h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Panorama.
– 21.00h Solemne procesión de San Telmo.
– 23:30h Tirada de fogos de artificio.
– 23.30-01.30h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Panorama.