Un roteiro nocturno polo conxunto histórico é unha das propostas que haberá en Tui para celebrar o Samaín.
O concello de Tui organiza esta actividade para o próximo xoves, 31 de outubro, de nove da noite a unha da madrugada ofrecendo aos participantes a oportunidade de descubrir os segredos agochados polas rúas empedradas e os túneles desta zona da cidade, redescubrindo Tui dende unha perspectiva distinta.
O percorrido comezará na praza da Inmaculada, en grupos de 10 persoas que irán partindo cada cinco minutos. Ao longo da andaina poderanse cruzarán con misteriosos personaxes que, ademais de contar as súas historias de vida, poden provocar algún susto inesperado.
A participación é gratuíta pero é preciso inscrición previa no formulario elixindo o horario para realizar a andaina. As prazas son limitadas.
Logo do percorrido as persoas participantes poderán gozar na praza de San Fernando dunha chocolatada coa que rematará de xeito doce unha noite chea de misterio.