O evento, que tivo lugar no Teatro Municipal, tamén serviu apertura das festas de San Telmo, cuxo pregón correu a cargo da profesora de Literatura Dolores Balseiro, recoñecida pola súa implicación na vida social e cultural tudense.
Román Rodríguez subliñou a capacidade de diálogo, de compromiso e de acordo de Víctor Vázquez Portomeñe, así como a vocación de servizo a Galicia de quen, ademais de conselleiro, foi tamén deputado autonómico, senador e poñente do Estatuto. Pero sobre todo gabou a súa “idea visionaria” de construír unha industria “nova, transversal, aberta a todo o territorio, con vocación internacional e identificadora da Galicia que queremos” -dixo, en referencia ao Xacobeo-.
Esta condecoración por parte do Concello de Tui a Vázquez Portomeñe, súmase á Medalla de Ouro de Galicia que lle outorgou a Xunta de Galicia tamén pola posta en marcha do Xacobeo 93 durante e etapa na que exerceu como conselleiro de Cultura do Goberno galego.