O novo deseño a executar nas próximas semanas busca potenciar a condición de lugar tranquilo, rodeado de natureza, deste espazo ao tempo que crear un espazo sensitivo coa combinación de árbores de sombra coma tilos con céspede e plantas aromáticas coma lavanda, tomillo, santolina, salvia e setos de buxo. Dotarase a todos os xardíns de sistema automático de rego.
Os elementos existentes na actualidade coma a balaustrada de pedra, as pérgolas, a fonte, unha paxareira, e as lámpadas serán retiradas e depositadas na nave municipal en Guillarei para a súa recuperación e posterior uso noutros espazos. Igualmente as plantas existentes na actualidade, que serán retiradas plantaranse noutros lugares. Manterase no seu actual emprazamento tanto o busto de Sócrates coma o monumento a Faustino Rey Romero.
As obras foron adxudicadas por importe de 49.388 euros á empresa Excavaciones Y Construcciones Manuel Pérez Portela, S.L. Dende o Concello de Tui faise un chamamento á poboación a respectar a zona de obras, que estará debidamente sinalizada, para evitar calquera tipo de risco mentres duren os traballos.