As dúas actividades teñen dificultade moderada polo que está recomendadas a partir dos 9 anos de idade. É preciso inscrición previa en cada unha delas no teléfono 986 603 858 ou no correo obradoiropercorretui@gmail.com
A Ruta dos Pasos de Auga realizarase ás 18.30 horas, con saída do Centro Cultural de Ribadelouro. Trátase dun percorrido circular cunha distancia aproximada de 8 quilómetros e dificultade moderada con valor patrimonial e natural. A duración estimada é de dúas horas e media.
Esta é unha das nova rutas establecidas polo obradoiro de emprego Percorre Tui. Transcorre pola parroquia de Ribadelouro tomando o seu nome das construción tradicionais de pedra que cruzan ríos e regatos e que se coñecen precisamente como “Pasos da Auga”. No traxecto pásase por lugares coma a ponte de Orbenlle, o lavadoiro e a fonte da Matanza, polas ruínas do muíño de Vides, o paso de Betate que no inverno permite sortear o regato Folón nas crecidas, a mina de Roque construída para o regadío, e que durante a guerra se empregou coma pasadizo. Outro dos puntos por onde pasa a rota é a igrexa parroquial de Santa Columba do século XVIII, de onde parte o Via Crucis, formado por un conxunto de 10 cruces, que remata no Calvario da Magdalena. Tamén parte da ruta transcorre polo un tramo do Camiño Portugués a Santiago.
Cómpre salientar amais que o percorrido conta con gran valor natural formando xa que parte do territorio que percorre forma está integrado no LIC Gándaras de Budiño e na Rede Natura 2000, polo que no percorrido poderanse ver distintas especies coma alisos ou salamandras.
A segunda visita guiada, á ruta Porta do río Tripes, vaise realizar o xoves 22 de agosto ás 18.30 horas partindo da praza de San Fernando. Esta actividade ten por obxectivo unir o centro histórico da cidade co Parque Natural de Monte Aloia. Parte da praza de San Fernando para realizar un percorrido circular de 11 quilómetros. No mesmo percórrese parte da ruta xudía e o conxunto histórico, chega ata a ruta do muíños do río Tripes, formada por 22 muíños, sobe ata o Alto do Coello en Randufe, achégase á vella Ponte Internacional, punto de entrada dos peregrinos dende Portugal a Galicia, e polo Arrabal de Freanxo regresa ata a Catedral.