Por Real Decreto desta data divídese a Península en 49 provincias, pasando a capitalidade de Tui a Pontevedra, que no sucesivo levará este nome. O concello de Vigo eleva ao Goberno unha protesta, baseada en razóns históricas, xeográficas e económicas, instando a que sexa reintegrada a Vigo a capitalidade, que xa ostentara durante o período liberal.
Este dereito foi oficialmente recoñecido a Vigo no ano 1836, pero non chegou a facerse efectivo en virtude dunha hábil manobra dos representantes pontevedreses, que lograron invalidar o acordo antes de que se comunicase oficialmente. Máis tarde, en 1840, Vigo tomaría o mando pola man durante algúns meses; de todo isto temos falado xa reiteradamente e insistir sería- como din alén Miño- “uma maçadura”.
30 de novembro de 1833. Xosé María Álvarez Blázquez. «A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo» (Xerais, 2008)