Despois de realizar unha visita ao interior da empresa, tomouse decisión de non realizar o levantamento topográfico xa que no interior da factoría aínda se almacena material pirotécnico e posteriormente levouse a cabo a clausura.
O rexedor, Carlos Vázquez Padín, defendeu que hai unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza do ano 2015, que el leva no cargo solo 10 meses pero que é vontade do concello cumprir esa sentenza.
No interior dalgunhas casetas había material cuxa retirada está sendo tramitada pola empresa propietaria e que debe ser retirado antes de calquera actuación no interior da pirotecnia.Posteriormente, Vázquez Padín entregou na Subdelegación do Goberno en Pontevedra o proxecto de desentullo da zona afectada pola explosión de Paramos, que foi encargado e costeado polo Concello pero agora deberá levalo a diante o Goberno de España, xa que o importe total da operación supera os 3,5 millóns de euros.
O alcalde mostrouse confiado en que efectivamente o Executivo central asuma o custo desta retirada, aínda que, para coñecer a resposta definitiva haberá que esperar unha ou dúas semanas.
O proxecto inclúe a reconstrución das edificacións danadas, a consolidación da mampostería e sillerías antigas, o desentullo da zona e o transporte dos residuos as instalacións autorizadas, ademais do arranxo de muros de peche.
Calcúlase que se van retirar un total 14 toneladas de material nun área de 25.000 metros cadrados. O prazo previsto para levalo adiante é de tres meses.