O estacionamento gratuíto limitado no tempo a hora e media aplícase nestas vías de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas salvo domingos e festivos, segundo se recolle na Ordenanza Reguladora aprobada en 2008.
A Policía Local encargaranse de controlar á zona azul para garantir así a mobilidade dos vehículos estacionados. O Concello lembra que se debe colocar o disco horario coa hora de chegada en lugar visible no parabrisas. O disco pódese adquirir, por un prezo de 0,60 euros na tesourería na casa do concello. Tamén se pode empregar o disco de zonas azuis doutros concellos.
No centro urbano existen zonas de estacionamento sen límite de tempo coma o aparcamento municipal na traseira da Área Panorámica, e os habilitados na rúa Irmáns Maristas, A Guarda e Coengo Valiño.