Tui recibirá un total de 1.003.489,37 € do “Plan Concellos 2017”, 51.164,97 euros máis, o que supón un 5,37% máis de recursos que no ano 2016, ano no que Tui xa tivo un 28% de incremento respecto a 2015 (o que se traduciu en 209.081,67 € máis). Á marxe do Plan Concellos, Tui recibirá este ano outras axudas e subvencións, enmarcadas nas diferentes áreas de actividade da Deputación de Pontevedra, ás que o concello poderá concorrer.
Durante o ano 2016 a Deputación de Pontevedra destinou a Tui un total de 1.428.312,10 €, dos cales 952.342,40 € se corresponderon co “Plan Concellos”. Ademais, a institución provincial investiu 151.000 € en mobilidade, 65.000 € en cohesión social e xuventude, 43.000 € en cultura e lingua, 67.000€ para o fomento do emprego, 85.000 € para o impulso do deporte e outros 2.000 € para a igualdade entre mulleres e homes.
En concreto, a través da liña 1 do “Plan Concellos”, investíronse 702.246,12€ para demolición parcial da edificación situada no número 2 da rúa Camilo José Cela, o acondicionamento e ampliación da edificación do futuro comedor escolar do CEIP Plurilingüe e Abalar Nº 2, a reparación, realización de melloras e a conservación das instalacións deportivas municipais “Alcalde Álvarez Durán”, a realización de diversas obras de mantemento e conservación do centro municipal de remo, a adquisición dun vehículo que se empregará en servizos municipais do concello, o subministro de mobiliario urbano, a mellorada pavimentación do viario que une os lugares de San Caetano e O Facho, a restauración do palco da música no Cantón de Diomedes, a realización de obras no interior do pavillón da Macoca, a demolición do edificio da Avenida de Concordia, a creación dunha área recreativa na Ribeira de Caldelas, no lugar de Baños, para actuar no patio do CEIP Randufe, as obras de mantemento e conservación do Centro Municipal de Remo e, por último, elaborar un inventario de camiños municipais da vila. Ademais,35.712,16 € en liña 3 destinados diversas actividades (a cabalgata de Reis e o Entroido), o financiamento dos programas de servizos municipais (a Escola de Música e o Conservatorio de Música) e o Campamento de Verán 2016 e,grazas á liña 4,creáronse22postos de traballo nos servizos municipais, cun investimento de 213.805€.
Á marxe do “Plan Concellos 2016”,Tui recibiu 42.676,63 € para o fomento da cultura e a lingua na vila, con máis de 40 actuacións do Pontegal e do Ano Castelao, así como coas axudas á rehabilitación e á sinalización do patrimonio histórico-cultural e memoria histórica e as axudas á dinamización lingüística. Tamén se destinaron 64.846,60€ para cohesión social e xuventude, ben a través dos servizos sociais comunitarios e especializados, as axudas básicas de emerxencia e o servizo de teleasistencia domiciliaria (do que se benefician 16 persoas) ou ben mediante os programas“En Ruta coa Depo”, “Depo en marcha”, “DepoTermal” (ao que se apuntaron 17 persoas), “Tecendo lazos”e“Depo Aventura A Lanzada”, no que participaron33 nenas e nenos do concello.
Do mesmo xeito, Tui recibiu 85.207,97 € para o deporte federado de base, diversas actividades deportivas, as axudas aos deportes náuticos e as 12 “DEPOrte Escolas” de balonmán (oito), piragüismo (dúas), fútbol e patinaxe, así como 66.560,16 € destinados ao fomento do emprego a través dos Plans de Práctica Laboral, que están a permitir que catropersoas poidan desenvolver a súa primeira experiencia laboral no concello deTui e, tres máis, no tecido empresarial da vila. Tamén se achegaron 1.778,70€ para o fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homesa través do programa “Conectadas 2016”,eoutros150.525,08 € en materia de mobilidade, en concreto para o “Plan Móvese”.