O Concello de Tui decidiu esta semana aconsellar aos seus cidadáns camiñar polo lado dereito das rúas para evitar a proximidade con outros peóns e favorecer a distancia social.
«Ante a crise sanitaria xerada polo Covid-19 e tendo en conta as recomendacións sanitarias dende o concello de Tui recoméndase á veciñanza transitar sempre pola dereita nas beirarrúas, para deste xeito evitar cruzarse con algunha persoa en sentido contrario e mantendo así a distancia de seguridade», sinala o alcalde, Enrique Cabaleiro.
No bando emitido este mércores fai fincapé na importancia do “esforzo de cada un de nos en cumprir todas as recomendacións sanitarias que os expertos están a indicar” para loitar contra esta pandemia.
O rexedor tudense agradece nunha nova ocasión a colaboración da veciñanza, confiando en que estas “recomendacións e medidas a adoptar servirán para superar, entre todos, esta crise sanitaria”.