Con este cambio na ordenanza o concello pretende dar utilidade a esta infraestrutura, situada preto da praza do concello e que, tras a súa inauguración no ano 1953 como centro educativo, estivo operativo durante 62 anos ata o seu peche.
Neste senso, a secretaria xeral comunicou ao alcalde que o seguinte paso será proceder á aprobación inicial do documento polo Pleno Municipal, antes da entrada en vigor, o vindeiro día 19 de marzo, da nova Lei 2/2016 do Solo de Galicia, para a continuación sometelo a exposición pública. O feito de contar co acordo do pleno, previo á entrada en vigor da nova normativa autonómica, permitirá continuar coa tramitación actual do documento.
Pola súa banda, o alcalde trasladou que a modificación Puntual, na que se descartan os usos residenciais e hoteleiros, permitirá darlle unha nova vida ás instalacións -actualmente en desuso- como residencia, o que suporá e acometer melloras de cara a posta en valor do edificio.