En concreto, con estas dous investimentos, ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos 2016, o goberno municipal de Mondariz puido adquirir material informático, ordenadores e colocar novo mobiliario. Máis polo miúdo, o goberno de Carmela Silva investiu, por unha banda, 10.737,92 € para elementos de mobiliario da biblioteca, mesas, cadeiras, estantes, mostradores, sillóns, equipos de mediateca, proxector e pantalla, estores de escurecemento e, por outra, 6.197,50 € para 9 equipos completos con monitores TFT 19,5 “ con disco duro 1Tb y gravadora DVD (8GB de RAM), teclados, ratón e auriculares.
A inauguración comezou co descubrimento da placa conmemorativa no hall do edificio, que fixeron a viúva e unha neta de Xoan Pèrez Labaca, que da o seu nome á Biblioteca. Amais, outro dos netos do homenaxeado deu lectura a varios dos textos do seu avó. De feito, ao actos tamen asistiu o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, concello onde Labaca pasou parte da súa vida.
Na súa intervención, David Regades felicitou ao Concello por escoller esta obra e puxo en valor a figura de Pérez Labaca “a quen Mondariz e esta `provincia teñen tanto que agradecer como o profesor que foi, todo un referente. Hoxe e un día de emoción e ledicia. O que iguala a todas as persoas é o coñecemento e nesta biblioteca existe esa maxia”, dixo o deputado. Nos aportamos un pequeno grao de area, pero o que queremos é dar as grazas a Mondariz por deixarnos participar na aposta por esta biblioteca, por esta ponte para a cultura, a mesma ponte que Mondariz ten no seu escudo”
Respecto ao Plan Concellos para Mondariz, a Deputación xa pechou todos os investimentos deste ano 2017, mais de medio millón de euros, 502.740,49, que foi un 8,45% máis respecto ao 2016. Estas achegas da Deputación de Pontevedra serviron para o entarimado do palco municipal, para obras de reparación na escola de Redo de Vilar, para a adquisición de equipamentos informáticos e a creación de dependencias para protección civil e a policía local, para intervir na mellora da accesibilidade e seguranza viaria nas rúas do Grupos Escolar e Merouces, para unha cámara negra no auditorio do Centro Social, para o abastecemento en Vilar e a pavimentación de camiños nas parroquias de Gargamala e Sabaxáns, para mobiliario e equipamento para axuda no fogar, para a mellora do camiño de Casares, para o deseño e instalación dun quiosco de madeira na praia fluvial do Ceo así como para a mellora da praza de abastos da vila, para a adquisición de paneis para información xeral nas parroquias da vila, para a merca de contadores de auga para os depósitos municipais, para mellorar camiños municipais en Lougares, Vilasobroso e Toutón así como para investir na sala de caldeiras de biomasa para a Escola de Música de Mondariz.
Á marxe da liña 1, a Deputación de Pontevedra tamén aprobou destinar a Mondariz outros 16.810 €, na liña 2, para a feira dos oficios artesáns e a do pan, para a festa gastronómica da Carne Arreghlada, para as festas infantís con inchables e para os programas “Primavera e Son” e “Cine de Verán na rúa”. Mondariz tamén recibiu, en canto á liña 3, 113.116,61 euros euros para contratar a 16 traballadores para garantir a prestación dos servizos básicos municipais.
De cara ao ano 2018, Mondariz terá a disposición desde este próximo mes de xaneiro case 900.000 euros do Plan Concellos, xa que se suman os cartos do 2018, máis de medio millón, aos más de 300.000 euros da Liña 1 de 2019 que o Concello pode adiantar se os necesita para investimentos máis ambiciosos.