Son 22 concellos os primeiros beneficiarios destas partidas da Liña 2 do Plan Co0ncellos 2019: Agolada, Bueu, Cambados, A Cañiza, Fornelos de Montes, O Grove, A Guarda, Lalín, A Lama, Meis, Mondariz, Mondariz Balneario, Moraña, As Neves, Oia, Ponte Caldelas, Portas, Ribadumia, O Rosal, Sanxenxo, Silleda e Vilagarcía. En concreto, trátase de subvencións por un valor total de 972.436,85 euros. Permitiránlles aos municipios custear os gastos de amortización de débedas e gastos correntes, así como actividades municipais, tales como programacións culturais, obradoiros, actuacións musicais, festas e feiras ou actividades deportivas e educativas.
Máis polo miúdo, na comarca do Deza, Agolada recibirá unha partida de 2.000 euros para o Campus infantil e a liga de fútbol 7. Silleda contará con 71.127 euros para a recollida e transporte de residuos sólidos urbanos e gasto corrente novo. Por un total de 101.643,64 euros, Lalín vaise beneficiar de achegas para financiar a XIV Bienal de Lalín, os campamentos deportivos de verán, o Orgullo 2019, o Festival Lusco&Fusco, o Certame de Mellora Estética de Lalín, o circuíto de Cine no Rural e un obradoiro de robótica para nenas e nenos.