Así, os quince primeiros concellos en recibir achegas desta liña dúas, por valor de 773.147,09 euros, poderán realizar pagamentos de subministracións, afrontar gasto corrente novo, amortizar débedas e impulsar programas culturais, deportivos, turísticos, gastronómicos, actividades infantís e musicais, así como festexos.
Máis polo miúdo o concello de Forcarei recibirá 52.965,88 euros para o pagamento da subministración de enerxía eléctrica e Fornelos de Montes 33.116,08 euros para gasto corrente novo. No caso de Lalín, beneficiarase de 93.557,4 euros para impulsar o programa de roteiros da vila, así como os campamentos deportivos de verán, un proxecto de promoción turística e o Orgullo* de Lalín 2018.
O concello da Lama recibirá 45.245,76 euros para a Festa do Codillo 2018, para a celebración do entroido 2018 e para a Semana Cultural. No caso do concello de Meis, a Deputación de Pontevedra achegará á vila 45.393,34 euros para a amortización de débeda con entidades financieiras.
Pola súa banda, Moaña beneficiarase de 94.400,07 euros para gasto corrente novo, en concreto, para o servizo de limpeza viaria Urbaser S.A., e Mondariz de 13.139,9 euros para poñer en marcha o II Ciclo de Corais e a III Festa Gastronómica da Carne Arreghlada así como o programa de cine de verán na rúa, as xornadas de promoción dos queixos e embutidos, a feira do pan e festas infantís con inchables.
O concello de Mondariz-Balneario beneficiarase de 10.519,72 euros da liña 2 do “Plan Concellos 2018” para actividades de humor, contacontos, musicais e de animación infantil, así como para actividades de rúa, teatro e maxia, cinema na rúa e publicacións. No caso de Poio, as achegas ascenden a 78.500 euros para os gastos do entroido, da Festa da Ameixa e da Festa do Mar.
Portas recibirá da Deputación de Pontevedra, ao abeiro da liña 2 do “Plan Concellos 2018”, 36.040,74 euros para a amortización de débeda e Salvaterra do Miño 69.724,05 euros para o pago de facturas a Sogama. Ata Sanxenxo destinaranse 58.000 euros para poñer en marcha o programa de Sanxenxo no verán, para as festas patronais e para os gastos do entroido.
Pola súa banda, Vila de Cruces recibirá 62.123,15 euros para o pagamento de gastos correntes novos e Vilagarcía de Arousa 33.681 euros para gastos de enerxía eléctrica e limpeza do conservatorio, para a limpeza da escola municipal de música e para enerxía eléctrica de instalacións deportivas municipais. No caso de Vilanova de Arousa, as achegas ascenden a 42.600 euros para a actuación musical de verán na festa do Mexilón e para os gastos da festa do Momo.
Este ano, a liña 2 do Plan Concellos, centrada na amortización, pagamento de débedas e gastos correntes así como para o financiamento de actos culturais, sociais, deportivos e educativos, está dotada de preto de catro millóns de euros. Coas achegas aprobadas en Xunta de Goberno para os concellos de Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Poio, Portas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Vila de Cruces, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa, por valor de 773.147,09 euros, está xa concedido o 20% da liña 2, beneficiando a 15 concellos da provincia.