Silva recolleu así a demanda do alcalde de Mondariz, Xoán Carlos Montes, que recordou que o pavillón fora entregado polo anterior goberno da Deputación ao concello o pasado mes de agosto de 2014 e que está a presentar diversos problemas que provocan que non se poda usar ao cen por cen. A presidenta considerou lóxico facer unha inspección dunha obra entregada fai menos de dous anos e que agora presente problemas, polo serán os técnicos os que analizarán o estado desta infraestrutura.
Po outra parte, Carmela Silva tamén entregou o alcalde o convenio de colaboración entre ambas institucións para o análise da rede de saneamento da localidade. Cun orzamento de 39.199 euros a Deputación analizará toda a rede de saneamento e depuración de augas de Mondariz xa que está a presentar diversos problemas nos colectores de recollida das augas provocando sobre custes moi importantes para o concello na depuradora. Para poñer en marcha o proxecto é necesario que o concello de Mondariz déalle o visto bo e se firme por ambas partes.
A presidenta da Deputación subliñou tamén a importancia de contar coas aportacións do concello de Mondariz no plan integral de turismo para toda a provincia, «dada a importancia de Mondariz como un referente de primeiro orde en materia turística na provincia». No encontro, ambos mandatarios apostaron polo turismo como dinamizador económico da poboación coas posibilidades que ofrecen as rutas de senderismo e o ecoturismo.
Por último, dentro do clima de cordialidade existente entre os representantes de ambas institucións que tanto Silva como Montes destacaron este martes, a presidenta informoulle o alcalde que o concello de Mondariz vai recibir un total de 463.588, 20 euros, un 31 por cento máis do que recibiu no pasado 2015, con arreglo ao Plan Concellos 2016. «A colaboura da Deputación con todos os concellos é máxima sempre dentro do respeto e responsabilidade institucional de cada quen», concluíu a presidenta.