Os programas de termalismo social da Deputación de Pontevedra teñen como obxecto fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, mediante unha proposta que combina o lecer e a saúde. Asemade, actúan como dinamizadores da economía, ao impulsar o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade.
Durante o ano 2015, beneficiáronse dos diversos programas de termalismo da Deputación máis de 3.760 persoas, que puideron acceder a estancias de día ou con pernocta en balnearios, talasos e spas. Os usuarios e usuarias, maiores de 50 anos, procedían de 38 concellos da provincia e respondían a diversos perfís sociais.
De cara a convocatoria do ano 2016, a Deputación está traballando nun novo programa denominado “Depotermal”, cuxa primeira edición pretende incidir no seus sociais e contar coa participación activa dos diferentes concellos da provincia.