A celebración comezará ás 19:00 horas para tinguir de po de cor a todos os que bailen ao ritmo da música. Tan só fai falla asistir vestido de branco e atreverse a deixarse levar baixo unha chuvia de cor.
A oferta estará composta por 50 quilos de poeira de cores 100% biodegradables e 15.000 vatios de son, pantallas LED, animación e actividades de balde arredor dun escenario móbil de catorce metros de alto.