Co gallo deste operativo non só se ten controlado as tarxetas da zona de Ponteareas, senón tamén de outros visitantes de distintas zonas que empregan estas prazas. En Ponteareas hai preto de trinta prazas de aparcamento para vehículos con mobilidade reducida.
A concelleira de Seguridade, Vanesa Fernández, explica que é necesario a vixianza destes estacionamentos, motivo polo que seguirá adiante con estes controis.
“É importante concienciar ás persoas do uso responsable e cívico destas tarxetas que non son de libre disposición e todo o mundo debe ser consciente de que en calquera momento as tarxetas poden ser requeridas para a súa revisión. Debemos concienciarnos e non ocupar as prazas reservadas por en calquera intre poden ser necesitadas”, explica Fernández.