Esta iniciativa contempla a apertura das atraccións obrigatoriamente ás 17.00 horas sen música e sen megafonía ata as 19.00 horas dos domingos 8 e 29 de setembro, para facilitar o acceso ás persoas con diversidade funcional e que tamén poidan gozar das festas.
O Concello de Ponteareas pon de manifesto que durante este horario non se poderán activar música, sons ou megafonía nin facer uso de fogos de artificio así como calquera tipo de actividade que prexudique ou desfavoreza o uso e desfrute das atraccións e actividades das festas ás persoas con sensilidade ao son.