Segundo informou o 112 Galicia, tivo constancia dos feitos ás 3:45 horas desta madrugada. O persoal do CAE 112 Galicia alertou aos Bombeiros de Ponteares e á Garda Civil, que se desprazaron ao lugar. Tamén se deu aviso aos efectivos de Protección Civil. O persoal sanitario, pola súa banda, trasladou en ambulancia ás tres persoas afectadas ata un centro sanitario.
Nun primeiro momento pensouse que as tres persoas sufriran unha intoxicación de monóxido de carbono, algo que os Bombeiros xa descartaron. Todo apunta a unha reacción química por acumulación de diversos produtos, como fertilizantes ou abonos, entre outros.
Ademais, no interior da casa localizáronse multitude de animais, entre eles algúns de especies exóticas. Esta situación foi posta en coñecemento do Seprona. Tamén se alertou aos servizos sociais das condicións nas que foi atopada a vivenda.