School, Gravesen, Beathos e Rabuda son os catro grupos que actuarán na carballeira do barrio de Requeixo. A concelleira Hortensia Bautista informaou de que a organización dispón dun amplo aparcamento totalmente de balde e convida a toda a veciñanza a desfrutar da música rock coa entrada gratuíta.
Os organizadores agradecen a colaboración do concello e das casas comerciais que fan posible este festival así como da veciñanza que xa traballa e colabora para que esta edición sexa aínda mellor.
Na carballeira haberá servizo de bar e ofrecerán bocadillos e hamburguesas para que todas as familias poidan bailar a ritmo de rock e cear entre amigos.