A asistencia é gratuíta, pero o colectivo apunta que tamén será unha actividade solidaria, polo que engade que quen o desexe poderá colaborar cun quilo de alimentos que será doado ao Centro de reparto de alimentos do Concello de Ponteareas.
«As mulleres interesadas en participar non precisan inscribirse, só deberán traer roupa cómoda e moita enerxía! Agradecémosvos que difundades a mensaxe para que chegue a todas as nosas veciñas», explica o colectivo. Para máis información, pódese contactar a través do facebook ou no correo electrónico ariadadotea@gmail.com.