A crítica parte da mesma concelleira de Seguridade na vila do Tea, Vanesa Fernández, que despois de manter diversas reunión cos corpos de seguridade asegura que nunca se puxo de manifesto unha velocidade excesiva nese tramo. De feito, “os últimos datos das medicións levadas a cabo indican todo o contrario”, sostén Fernández.
Por ese motivo, os socialistas de Ponteareas instan ao Goberno de España a eliminar este radar e a tomar as medidas acordadas co Concello de Ponteareas e coa Plataforma de Afectados pola N-120 para e mellora da seguridade na estrada.
O PSOE salienta que “os últimos accidentes do 2016 na N-120 marcaron un punto de inflexión para os veciños de Ponteareas que conviven día a día cunha autoestrada pola que pasan máis de 16.000 vehículos diarios”.
Hai un ano o Congreso do Deputados debateu unha proposición non de lei aprobada co voto a favor de todos os grupos parlamentarios agás o do Partido Popular, na que se instaba ao goberno a mellorar a seguridade na N-120.
Entre as propostas para a reforma e a mellora da seguridade da estrada ao seu paso polo termo municipal de Ponteareas, establecéronse obras como a instalación de catro rotondas, semáforos, pasos de peóns, pasos elevados e melloras de iluminación, “obras que son exclusivamente competencia do Goberno do Estado”, sentencia Vanesa Fernández.