Estes vertidos, agresivos co sistema de depuración, non se corresponden cos vertidos que habitualmente trata a a estación de tratamento de augas residuais sita na Moscadeira, está a perxudicar o seu funcionamento, segundo informou este luns o Concello de Ponteaeras.
Técnicos de Medio Ambiente acompañados da Policía Local recolleron mostras dos vertidos tanto na zona de saída da depuradora como en distintos puntos que poidan gardar relación e en diferentes arquetas para detectar a súa orixe e abrir os correspondientes expedientes sancionadores, se fora o caso.
A rede de depuración non conta cun sistema regular de mantemento, tema no que esta a traballar o goberno actual para unha correcta xestión da rede existente e que permita tamén detectar estas situacións de vertidos indebidos para o seu tratamento na depuradora existente.