Os socialistas de Ponteareas explican que veñen empregando o lema “Agora, Ponteareas” seguindo a liña marcada polo PSOE federal co lema “Ahora, tu país” e “Agora, o teu país”, desde que Pedro Sánchez foi investido Presidente do Goberno.
«Este non é un problema menor», segundo o PSOE ponteareáns, pois entenden que o seu lema engloba e representa a súa xestión fronte o goberno de Ponteareas, así como as súas liñas programáticas. Deste xeito, entenden, non poden permitir un plaxio destas características.
O Partido Socialista de Ponteareas considera esta manobra de plaxio do PP local «un acto de contraprogramación desesperada de quen non ten un proxecto» político. “O Partido Popular está nunha encrucillada, non ten proxecto que comunicar aos veciños e veciñas e a súa estratexia pasa por obstaculizar e intentar distorisionar a xestión do Partido Socialista fronte ao goberno de Ponteareas”, sinala Diego M. Groba, responsable de comunicación do Partido Socialista de Ponteareas.