Á súa chegada os efectivos de extinción de incendios localizaron a vivenda e unha vez dentro constataron que non había persoas pero si tres cans, aos que puideron salvar para logo poñelos a disposición dos seus donos, que non se atopaban na casa.
Os bombeiros sufocaron as lapas e procederon a ventilar a vivenda, na que só se viu afectada unha habitación, que malia todo ardeu por completo. Os bombeiros investigan agora as causas do lume.
Posteriormente, unha das dotacións que se atopaban neste emprazamento tivo que trasladarse á N-120, á altura do Barral, para extinguir un incendio producido nun contedor de lixo orgánico.