A Concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, ultima detalles para a cabalgata que sairá do Fermín Bouza Brey arredor das 18 horas para desfilar pola avenida Rosalía de Castro, subir polo Concello ata a Praza Maior, ir aá Praza de Arxentina, Fernández Vega, pasar por Reveriano Soutullo, chegar ata rúa Constitución, Praza Bugallal e rematar en Morales Hidalgo. Ás 12 :30 horas os Magos de Oriente serán recibidos polo Alcalde no concello.
No caso de chuvia persistente a cabalgata dos Magos de Oriente irá directamente dende o CEIP Fermín Bouza Brey ao auditorio.
Milleiros de caramelos voarán dende as mans dos paxes reais ata as mans dos máis pequenos. Sen glúten, sen glúten e sen lactosa e caramelos convencionais serán repartidos ao paso da cabalgata.
O Concello quere agradecer a colaboración das comunidades de montes de Xinzo, Padróns e Ribadetea, dos ranchos de Reis de Forzara, Guláns, As Cortellas e os Muíños de Oliveira, da Asociación de Coches clásicos de Ponteareas, da banda de gaitas Tremiñado, da rondalla e dos voluntarios en xeral que acompañarán este séquito real que irá franqueado de bonecos articulados, entre outras sorpresas.
A Concellería de Seguridade Cidadá desplegará aos seus efectivos, polícia local, bombeiros e protección civil, que velarán polo bo desenvolvemento da actividade festiva.
Os Magos de Oriente recibirán no auditorio aos máis novos de Ponteareas. O equipo de goberno convida a todas as familias a asistir e participar nos actos festivos que arrancan ás catro e media da tarde con animación de rúa e música.